Monday 13 de May de 2024

A Comisión de Voceiros acada o máximo consenso nas decisións tomadas no ámbito social


 

A alcaldesa, Inés Rey, agradece o grande esforzo común que están realizando todas as forzas políticas por seren un único bloque contra esta pandemia

A Comisión de Voceiras/os do Covid-19 volveu a
reunirse esta mañá coa presenza da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, que
explicou as diferentes medidas tomadas no ámbito social. A edila abordou a evolución de
todo o que se determinou desde o 12 de marzo como as axudas do talón restaurante,
comedores sociais, o servizo de voluntariado en domicilio e na liña telefónica “Acompáñote”;
novidades na internet como a actividade sociocultural en liña da Rede de Centros Cívicos
ou o albergue habilitado para as persoas sen fogar no Pavillón dos Deportes de Riazor.
Pola súa parte, a alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Economía, Xosé Manuel Lage,
recolleron as propostas expostas polas voceiras e voceiros de todas as forzas políticas.
Neste aspecto, a rexedora agradece o consenso acadado con todas e todos os
responsables para combateren esta pandemia a nivel local.
Os representantes do Goberno local informaron das proposicións que están desenvolvendo
co fin de paliar os danos económicos e sociais dunha cidadanía que, segundo Rey, é “a
principal prioridade do concello e isto é o que nos preocupa a todas/os. Por iso, queremos
tomar as decisións que garantan ao máximo a seguridade e o benestar das coruñesas e
coruñeses”.